PRESENTACIÓN



A Agrupación folclórica "CASTELO" naceu no ano 1992 en Melide no eido da Asociación Catasol.

Funciona como ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL GALEGA onde se imparten ensinanzas de baile, canto e músicas tradicionais, recollidas en diferentes zonas da xeografía galega. Ademais, estase a desenvolver un traballo de investigación e recollida de bailes antigos na comarca de Melide.

Actualmente a agrupación está composta por máis de 60 persoas e dedica un importante traballo de promoción do folclore galego entre os máis novos a través das súas clases e obradoiros, fomentando así un sentimento de respecto e responsabilidade polo nosa cultura.



Voltar ao inicio